Actualidade

Investigadores do CITEEC traballan en proxectos de investigación para a mellora da calidade dos recursos hídricos

27/03/2024

 

Investigadores do CITEEC, liderados polo docente e investigador do grupo de investigación GEAMA, Joaquín Suárez López, están inmersos nun proxecto desenvolvido no marco da xestión dos desbordamentos de sistemas de saneamento unitario e o seu impacto sobre as masas de augas naturais, o proxecto Life RUBIES, que ten por obxectivo desenvolver ferramentas de toma de decisións para limitar a contaminación das masas de auga.

 

Os traballos, levados a cabo polo equipo investigador, inclúen a caracterización das augas do río Manzanares ao seu paso por Madrid, establecéndose dúas seccións de control da calidade en continuo, e realizando unha modelización de calidade das augas para valorar os impactos por verteduras en tempo de choiva. Os traballos que comezaron en xullo de 2023, teñen prevista a súa finalización en decembro de 2025e conta cun orzamento de preto de 240.000 euros.