Actualidade

O grupo de investigación de Estruturas Arquitectónicas da UDC participa en proxectos de arquitectura sobre conservación e restauración de edificios

27/03/2024

O profesor da Escola Técnica Superior de Arquitectura e membro activo do grupo de investigación de Estruturas Arquitectónicas (GEA) da Universidade da Coruña, José Antonio Vazquez Rodríguez, aborda un proxecto de conservación e restauración da Capela de San Roque no Concello de Sada. Os traballos, iniciados en marzo, teñen unha duración de dous meses e consisten na elaboración do proxecto técnico do sistema de acodalamiento e estabilización da fachada do edificio da sala de exposicións “Capela de San Roque”.