Actualidade

A Axencia de Turismo de Galicia, a UDC e a FUAC asinan un convenio para dar continuidade ao proxecto Traslatio. O patrimonio marítimo dos camiños do mar a Santiago

 

A Axencia de Turismo de Galicia, a UDC e a FUAC asinaron en marzo de 2024 un convenio para o desenvolvemento das acción do proxecto Traslatio: O patrimonio marítimo dos camiños do mar a Santiago, co obxectivo de dar continuidade ao proxecto Traslatio. 

 

A investigación, dirixida polo profesor da Universidade da Coruña, membro do grupo de investigación en Historia da Arquitectura (IALA) e experto na materia, o Dr. Óscar Fuertes Dopico, pretende completar a identificación, documentación e análise do patrimonio marítimo inmobre do ámbito de estudo as rías de Muros-Noia (beira norte) e Arousa (beira sur).

 

A idea é dar continuidade ao proxecto “Traslatio: o patrimonio marítimo dos camiños do mar a Santiago” que contou con financiamento obtido en réxime de concorrencia competitiva na convocatoria de axudas da Xunta de Galicia (Xacobeo 21-22), onde se identificaron os vestixios da arquitectura do mar, é dicir, a construción industrial tradicional asociada aos oficios do mar, así como outros elementos causantes da transformación do bordo litoral para a explotación do medio marítimo. 


O convenio ten como finalidade a inclusión dos elementos inventariados á sección de “Turismo mariñeiro” da web de Turismo de Galicia para complementar a información xa existente nela, e garantir a dinamización e posta en valor destes vestixios ou edificacións que se manteñen en pé aínda hoxe. A colaboración estará vixente ata o 31 de decembro de 2024 e conta cunha inversión de preto de 40.000 euros.