Actualidade

O CSN e a Universidade da Coruña colaboran no desenvolvemento de programas de vixilancia radiolóxica ambiental

12/03/2024

Os docentes Jose Luis Calvo Rolle e Esteban Jove Pérez, do Grupo de Investigación Ciencia e Técnica Cibernética (CTC), que forma parte da Escola Politécnica de Enxeñería de Ferrol (EPEF) da Universidade da Coruña, lideran os traballos levados a cabo polo equipo de investigación, consistentes no desenvolvemento dun programa de vixilancia radiolóxica ambiental a nivel nacional. O proxecto, promovido polo Consello de Seguridade Nuclear e a Universidade da Coruña, ten unha duración de 4 anos e conta cun orzamento de 480.000 euros.