Actualidade

A Cátedra Hijos de Rivera-UDC promove un certame de fotografía sobre o cambio climático

06/03/2024

 

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais (FEE) e a Comisión de Medio Ambiente do Programa Campus Verde, coa colaboración da Cátedra Hijos de Rivera-UDC de Desenvolvemento Sostible, organizan un concurso de fotografía en relación co tema do cambio climático e as súas consecuencias no marco dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da ONU.


A actividade está dirixida a toda a comunidade universitaria da UDC para que envíen as súas fotografías cun motivo ou mensaxe de concienciación sobre o cambio climático e, en particular, relacionadas con algún dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).


Entre as fotografías enviadas, o xurado fará unha selección para a súa exposición na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, con motivo da iniciativa do Marzo Ambiental promovida pola Oficina de Medio Ambiente (OMA) da UDC. Das fotografías seleccionadas para a exposición premiaranse un total de tres: haberá un primeiro premio de 250 €, un segundo por valor de 150 €, e un terceiro de 100 €. 


O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 14 de marzo de 2024 a través da seguinte ligazón: https://acortar.link/iF5WWv


As bases da convocatoria pódense consultar aquí