Actualidade

Éxito rotundo na segunda edición do HackUDC, celebrado a pasada fin de semana na Facultade de Informática da Universidade da Coruña (FIC)

23/02/2024

A Facultade de Informática da Universidade da Coruña acollía do 16 ao 18 de febreiro a segunda edición de HackUDC, o maior hackathon de Galicia, que reuniu a preto de 150 estudantes para desenvolver proxectos tecnolóxicos baixo un límite de tempo, achegando ideas e tamén desenvolvendo os prototipos funcionais para demostralas. A participación global superou mesmo asa 200 persoas, inluíndo a voluntarios e patrocinadores do evento, triplicando así a asistencia con respecto á edición do ano 2023. Así o confirman os datos facilitados polos organizadores do encontro, o Grupo de Programadores e Usuarios de Linux (GPUL) da FIC, quen amosan a súa inmensa satisfacción co resultado do evento. Entre os patrocinadores do evento atópanse Codee, Bizaway, Gradiant, Disashop, Denodo, Igalia, InditexTech, a Cátedra Cicas, a Cátedra NTT Data, Roommatik, Duacode e Bahía.

 

Máis información no seguinte enlace: https://www.udc.es/gl/novas/Exito-rotundo-na-segunda-edicion-do-HackUDC-celebrado-a-pasada-fin-de-semana-na-Facultade-de-Informatica-da-Universidade-da-Coruna-FIC/