Actualidade

A Cátedra NTT Data patrocina o hackathon HackUDC

15/02/2024

 

A Cátedra NTT DATA patrocina a segunda edición do hackathon estudantil HackUDC, que se celebrará na Facultade de Informática da UDC do 16 ao 18 de febreiro. Nesta competición participarán máis de 130 estudantes de todos os niveis coa finalidade de mellorar e aprender novas habilidades no ámbito da tecnoloxía.


Este hackathon celebra a súa segunda edición co apoio de NTT Data como patrocinador prata, entre outras entidades, e está organizado polo GPUL (Grupo de Programadores e Usuarios de Linux), unha asociación universitaria vinculada á UDC destinada a fomentar o software e a cultura libre. 


HackUDC 2024 está aberto a calquera estudante maior de idade, xa sexa de Universidade, Formación Profesional, bacharelato ou outros. A participación é gratuíta e haberá máis de 2.000 € en premios.