Actualidade

A Cátedra Vegalsa-Eroski UDC de Compromiso Social, Comunicación e Reputación Corporativa fomenta a cultura galega dende o cinema con compromiso

15/02/2024

 

A Cátedra Vegalsa-Eroski UDC de Compromiso Social, Comunicación e Reputación Corporativa promove a iniciativa “O Cinema dende o Compromiso”, un encontro con Jaione Camborda, directora e gañadora da Cuncha Douro do Festival de San Sebastián pola película de produción galega “O Corno”. Esta acción enmárcase no obxectivo da Cátedra de promover unha comunicación con conciencia, responsable e con valores que axude á creación dunha contorna máis sostible e dunha sociedade máis comprometida.


Esta iniciativa, que terá lugar o vindeiro xoves 22 de febreiro, ás 17:00 horas no Salón de Graos da Facultade de Ciencias da Comunicación da UDC, está dirixida principalmente ao alumnado da Universidade dá Coruña, pero tamén se atopa aberta ao público xeral. Para asistir será necesario inscribirse previamente, permanecendo aberto o prazo ata o 22 de febreiro a través da ligazón: https://www.fundacion.udc.es/curso.asp?id=1922.


Cinema dende o compromiso  

A través desta iniciativa, a Cátedra Vegalsa-Eroski UDC de Compromiso Social, Comunicación e Reputación Corporativa busca fomentar unha comunicación con compromiso apoiada na promoción das industrias culturais galegas, nesta ocasión desde o cinema, a través dunha película na que se viaxa á Galicia de principios da década de 1970 para profundar na maternidade, a sororidade e a realidade das mulleres no rural. A película tenta dialogar coa actualidade, aínda que se estea en 1971 e nese diálogo coa actualidade o importante é como esas mulleres tiveron que axudarse para poder sobrevivir e fuxir do control sobre os seus corpos.

 

"Esta jornada responde al interés colectivo por el cine y la cultura, por lo que animamos a la comunidad universitaria, pero también del entorno local a que asista para dialogar con la directora Jaione Camborda sobre cine social, la igualdad de género en el cine o el cine hecho desde Galicia, tres temas de actualidad sobre los que debatir y reflexionar", indica a profesora da Facultade de Ciencia da Comunicación e directora da Cátedra, Carmen Costa.

 

“Desde Vegalsa-Eroski queremos seguir apoyando a través de la Cátedra Vegalsa-Eroski UDC de Compromiso Social, Comunicación y Reputación Corporativa los entornos en los que tenemos presencia, así como el impulso de la cultura gallega, como es el caso que nos ocupa, desde un cine con compromiso que no sólo da voz a la realidad de una época sino a historias de mujeres que en muchas ocasiones se desconoce”, subliña a directora de Sustentabilidade e Comunicación Corporativa de Vegalsa-Eroski.

 

Sobre a Cátedra Vegalsa-Eroski UDC
A Cátedra Vegalsa-Eroski de Compromiso Social, Comunicación e Reputación Corporativa naceu co obxectivo de contribuír ao benestar e á mellora da nosa sociedade a través de actividades de educación e divulgación, de investigación e de aplicación do coñecemento.

 

A idea é poder facilitar á comunidade universitaria e á sociedade en xeral unha visión integral sobre a importancia da comunicación á hora de impulsar hábitos de vida saudables e conciencia ambiental, favorecendo á súa vez un consumo consciente e sostible. Para logralo priorizaranse as accións en catro liñas de actuación fundamentais: investigación, transferencia, formación e accións de tipo relacional e de proxección social, achegando Vegalsa-Eroski unha dotación anual de 20.000 euros para a súa consecución.

 

Entre as iniciativas promovidas no marco da Cátedra para este ano atópanse a inserción laboral das persoas con capacidades diferentes e a colaboración na integración de persoas con discapacidade cognitiva, ambas a través do programa Espazo Compartido da UDC.

 

Sobre Vegalsa-Eroski
Vegalsa-Eroski conta en Galicia, Asturias e Castela e León con 284 establecementos entre propios e franquiados baixo as marcas comerciais Hipermercados e Gasolineiras Eroski, Eroski Center, Autoservizos Familia, Cash Record, Eroski City, Aliprox e Eroski Rapid. A súa estrutura comercial en Galicia esténdese polas 4 provincias galegas e conta cunha moderna plataforma de mercadorías xerais, situada en Sigüeiro, A Coruña, dotada con tecnoloxías loxísticas de última xeración, ademais das plataformas de produtos da Coruña e centros de redistribución en Vigo e Ourense. Pola súa banda, a división de Autoservizos Cash Récord de Vegalsa-Eroski conta cun mapa comercial composto por 17 centros distribuídos homogéneamente entre Galicia e Asturias, con fáciles e rápidos accesos en áreas empresariais con boas comunicacións.