Actualidade

A Cátedra CICAS patrocina a segunda edición do HackUDC

29/01/2024

 

O HackUDC é o maior hackathon estudantil de Galicia, que reunirá do 16 ao 18 de febreiro na Facultade de Informática da UDC a máis de 130 estudantes de todos os niveis para mellorar e aprender novas habilidades no ámbito da tecnoloxía e crear un proxecto Open Source en equipo.

 

Este hackathon celebra a súa segunda edición, tras o éxito do ano anterior, e conta co apoio da Cátedra CICAS como entidade patrocinadora. O evento está organizado polo GPUL (Grupo de Programadores e Usuarios de Linux), unha asociación universitaria vinculada á UDC destinada a fomentar o software e a cultura libre. 

 

HackUDC 2024 repartirá 2000 € en premios para os proxectos que mellor resolvan os retos propostos. Está aberto a calquera estudante maior de idade, xa sexa de Universidade, Formación Profesional, bacharelato ou outros.