Actualidade

A Universidade da Coruña participa no proxecto Ports4.0 – Steel Free Heavy Pontoons

25/01/2024

 

A Universidade da Coruña e Aquatica Ingeniería Civil impulsan o proxecto Ports4.0 – Steel Free Heavy Pontoons. O equipo, liderado polos profesores Fernando Martínez Abella e María Belén González Fonteboa membros do grupo de Construción (GCONS) e do departamento de Enxeñaría Civil da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Caminos, Canais e Portos (ETSI) da UDC, estudará a viabilidade de Pantaláns flotantes de formigón, modulables, realizados con chasis de polímeros reforzados con fibras (PRF), co obxecto de demostrar que esta tecnoloxía é válida para as pequenas embarcacións de traballo e, nese caso, implantar no mercado esta tecnoloxía. Os traballos teñen unha duración de 12 meses e conta cun orzamento de 67.000 euros.  

 

Ports 4.0.
O programa Ports 4.0 é o modelo de innovación aberta corporativa adoptado por Portos do Estado e as Autoridades Portuarias Españolas para atraer, apoiar e facilitar a aplicación do talento e emprendemento ao sector loxístico- portuario español público e privado no contexto da 4ª revolución industrial.

 

O obxectivo principal do Fondo é promover e incorporar activamente a innovación disruptiva ou incremental como elemento de competitividade, de eficiencia, sustentabilidade, seguridade e protección no sector loxístico- portuario español, tanto público como privado para facilitar a súa transición cara á economía 4.0.