Actualidade

Investigadores do CITENI da UDC participan en proxectos de enxeñaría no ámbito das tecnoloxías marítimas

24/01/2024

CoreMarine e o Grupo Integrado de Enxeñería (GII) da UDC colaboran no asesoramento dun proxecto de enerxía eólica offshore. Os traballos, levados a cabo polo equipo investigador ata decembro de 2024, inclúen traballar na simulación de plataformas flotantes destinadas a enerxía renovable mariña axustadas con código para a dinámica de liñas de fondeo. O proxecto ten unha duración de 12 meses e está liderado por Vicente Díaz Casás, profesor da Escola Politécnica de Enxeñería de Ferrol (EPEF) e membro activo do Grupo de Investigación GII da UDC e ten por obxectivo a elaboración de informes relativos aos resultados de simulación e validación de códigos axustados tipo CFD co código de dinámica de liñas de fondeo MOORDYN.