Actualidade

Vegalsa Eroski e a UDC, xuntas na inserción laboral das persoas con capacidades diferentes

23/01/2024

 

O programa Espazo Compartido da Universidade da Coruña visitou na xornada de onte o Eroski Center de Vioño para achegar aos seus alumnos á actividade empresarial da compañía galega no sector da distribución alimentaria.  Esta é a terceira edición desta acción conxunta, coa que Vegalsa-Eroski busca continuar contribuíndo xunto á UDC para impulsar a inserción laboral de persoas con capacidades diferentes e que se enmarca no programa de actividades da Cátedra Vegalsa-Eroski UDC de Compromiso Social, Comunicación e Reputación Corporativa.

 

A técnica de Selección de Vegalsa-Eroski, Fanny López, foi a encargada de achegar as liñas de actividade e valores empresariais da compañía aos alumnos, acompañada pola coordinadora dos programas socioeducativos “Visita tu Súper” “Mates en tu súper” de Vegalsa-Eroski, Eva Capelete, quen puxo de manifesto como a compañía “contribuye con estas actividades a sensibilizar a los futuros consumidores en hábitos de vida saludables y fomentar comportamientos responsables, además de aprender de forma diferente”.

 


Esta primeira xornada completarase cunha serie de visitas á compañía que se celebrarán ao longo do ano e que se centrarán en formar aos alumnos desde un punto de vista práctico sobre como afrontar un proceso de selección para un posto de traballo. Para iso, abordaranse os perfís profesionais que se demandan nunha compañía de distribución alimentaria como é Vegalsa-Eroski; debullarase o proceso de selección co propósito de inserción social e realizaranse talleres prácticos de simulación de entrevistas de traballo. 

 

“Desde Vegalsa-Eroski apostamos por enriquecer al máximo nuestros equipos y conformar plantillas diversas que se correspondan con la sociedad en la que vivimos. Y esto es lo que intentamos transmitir a los alumnos en las sesiones con Espazo Compartido con el fin de aportarles herramientas para afrontar de una forma más positiva los procesos de selección en las compañías”, destacou la técnica de Selección de Vegalsa-Eroski, Fanny López.


“La buena acogida que esta iniciativa tiene cada año nos motiva a seguir convocándola, siendo ya éste el tercer año consecutivo que la llevamos a cabo. Los alumnos valoran conocer de cerca la actividad y cultura corporativa de una compañía referente en el sector de la distribución alimentaria, así como los consejos ofrecidos por sus profesionales para afrontar un proceso de selección en un entorno real”, explica a profesora da Facultade de Ciencia de la Comunicación e directora da Cátedra, Carmen Costa. 


En palabras de Thais Pousada, directora do programa Espazo Compartido, "este tipo de iniciativas y colaboraciones son fundamentales para avanzar en la inclusión, en este caso concreto, de las personas con discapacidad cognitiva. La responsabilidad social se refleja en estas acciones, gracias a las que el alumnado del título propio de la UDC puede conocer de primera mano un entorno real de trabajo y mejorar las competencias y habilidades laborales a través de los talleres prácticos".

 


Sobre Vegalsa-Eroski

Vegalsa-Eroski conta en Galicia, Asturias e Castela e León con 285 establecementos entre propios e franquiados baixo as marcas comerciais Hipermercados e Gasolineiras Eroski, Eroski Center, Autoservizos Familia, Cash Record, Eroski City, Aliprox e Eroski Rapid. A súa estrutura comercial en Galicia esténdese polas 4 provincias galegas e conta cunha moderna plataforma de mercadorías xerais, situada en Sigüeiro, A Coruña, dotada con tecnoloxías loxísticas de última xeración, ademais das plataformas de produtos frescos da Coruña e centros de redistribución en Vigo e Ourense. Pola súa banda, a división de Autoservizos Cash Récord de Vegalsa-Eroski conta cun mapa comercial composto por 17 centros distribuídos homogéneamente entre Galicia e Asturias, con fáciles e rápidos accesos en áreas empresariais con boas comunicacións.

 

Sobre Programa Espazo Compartido

É un título propio promovido pola Universidade da Coruña para a formación en habilidades persoais, sociais e competencias básicas, para a empregabilidade e o fomento da inclusión laboral de mozas con discapacidade cognitiva.

 

Trátase dun proxecto que naceu coa pretensión de abrir o espazo universitario a colectivos que non poden acceder aos leitos de formación ordinarios debido ás importantes barreiras de acceso do noso sistema educativo.

 

Espazo Compartido é unha aposta decidida pola responsabilidade social universitaria, unha mostra do compromiso da Universidade da Coruña coa sociedade e co dereito a unha formación digna e en igualdade de condicións.

 

Para iso, conta co apoio da Fundación ONCE, Santander Universidades e do Consello Social da UDC.