Actualidade

A Cátedra CICAS concede tres bolsas para a realización de TFG do Grao en Enxeñaría Informática e do Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos

22/01/2024

 

A Cátedra CICAS polo impulso á ciencia aberta a través do software, financiada pola empresa Sngular, acaba de conceder tres axudas económicas para a realización de Traballos de Fin de Grao (TFG) do Grao en Enxeñaría Informática e o Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos da Facultade de Informática da UDC. 


Segundo se indicou na convocatoria, os TFG deben involucrar o desenvolvemento do software, que deberá ser liberado baixo unha licenza libre, e deberán ter utilidade de natureza científica, resultar de utilidade para o desenvolvemento de labores de investigación científica, ou contribuír ao avance no estado da práctica en canto ao uso de software no eido científico. 


As tres persoas beneficiarias recibirán unha bolsa de 1.200 € cada unha para o desenvolvemento do seu TFG. Ademais, poderán optar a unha axuda extraordinaria de 800 € para a difusión aberta dos resultados dos seus traballos, tales como a presentación ou relatorio nun evento, workshop ou conferencia científica.