Actualidade

Concedida a bolsa de formación da Cátedra HM de Traumatoloxía do Deporte

12/01/2024

 

A Cátedra HM de Traumatoloxía do Deporte da UDC resolveu a convocatoria de bolsas de formación para o curso 2023-2024, que ofrece a licenciados en medicina con interese na Traumatoloxía do Deporte a posibilidade de realizar unha formación específica neste campo nun centro de referencia nacional e internacional.


A Cátedra adxudicou unha axuda económica de 8000 € á doutora en Medicina Adriana Thompson Barquero, para financiar a súa formación por un período de 12 meses durante o curso 2023-2024, que se desenvolverá no Instituto Médico Arriaza e Asociados e no Hospital HM Modelo.


A Cátedra HM de Traumatoloxía do Deporte busca fomentar o intercambio de experiencias nos campos da docencia, a investigación e a cultura en xeral. Ten como obxectivos lograr que se forme na Coruña un centro de referencia no ámbito da Traumatoloxía do Deporte; promover unha formación de calidade no campo dá Traumatoloxía do Deporte nos ámbitos da Medicina, Fisioterapia e da Educación Física; e estimular a investigación no ámbito da Traumatoloxía do Deporte.