Actualidade

O grupo de Grupo de Polímeros do CITENI da UDC participa en proxectos no ámbito da enxeñería e modelado 3D

20/12/2023

 

A investigadora María José Abad López da Escola Universitaria de Deseño Industrial e coordinadora do Grupo de Polímeros da UDC recibe encargos para liderar proxectos financiados con cargo ao programa “Deseña Peme” de LEDISSON LIGHTING, relacionado co proxecto LUMI-NON-Ao, cuxo obxectivo é o deseño de deseño dunha nova luminaria inspirado na iconografía da contorna e da cultura do Camiño de Santiago e de ADIDRON, relacionado co proxecto ADIDRON, cuxo obxectivo é o deseño dunha embarcación non tripulada fabricada por impresión 3D.

 

Os traballos levados a cabo polo equipo de investigadores inclúen a asistencia técnica na selección de materiais para a fabricación, estudo do proceso de fabricación máis adecuado, estudo da viabilidade da súa fabricación mediante impresión 3D e desenvolvemento dun prototipo, por un período de 10 meses.  Os traballos comezaron en novembro de 2022 e contaron cun orzamento que ascende a 72.000 euros.