Actualidade

A Cátedra NTT Data colabora con tres entidades sen ánimo de lucro en forma de propostas para TFGs

27/11/2023

 

A Cátedra NTT Data presenta unha colaboración con tres entidades sen ánimo de lucro en forma de catro propostas para TFGs, que serán dirixidas por profesorado da Facultade de Informática da Universidade da Coruña.  O prazo de presentación de solicitudes iniciaráse despois da asignación de TFGs por parte do centro.

 
As ONGs son:
• Asociación Galega de Afectados de Esclerose Lateral Amiotrófica (AGAELA): 
o "Plataforma software de seguimento das condicións de saúde das persoas con ELA". Dirixido por Fernando Bellas Permuy.
o "Aplicación web para a xestión do banco de productos da asociación AGALEA". Dirixido por Guillermo De Bernardo Roca e Tirso Varela Rodeiro.
• Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI): 
o "Aplicación web para a busca e xestión de vivenda accesible" . Dirixido por Ana Belén Cerdeira Pena e Guillermo De Bernardo Roca. 
• Ecos do Sur: 
o "Combatendo a discriminación e delitos de odio coa palabra: un chatbot asistencial". Dirixido por Laura Milagros Castro Souto.
 

Entre as catro persoas do estudantado asignadas a estes proxectos, a cátedra becará ás dúas con maior nota no seu expediente académico. Cada bolsa terá un importe de 3.200 euros. 


Consulta aquí as bases da convocatoria