Actualidade

A cátedra Greenalia-UDC para a Transición Enerxética organiza unha xornada sobre o futuro do hidróxeno verde en Galicia

15/11/2023

 

A Cátedra Greenalia UDC para a Transición Enerxética organiza o foro “O futuro do hidróxeno verde desde a perspectiva galega: Retos e oportunidades”. Unha xornada na que se abordará a oportunidade económica, investigadora e industrial que se abre co desenvolvemento do hidróxeno verde en Galicia. 

 

O foro terá lugar o próximo 28 de novembro, a partir das 9.15 horas no salón de actos do Campus Industrial de Ferrol, de forma presencial e tamén se poderá seguir en liña. Para asistir ou seguilo en streaming, as persoas interesadas deberán inscribirse a través do seguinte formulario.

 

Tras a apertura institucional, chegará a quenda da conferencia inaugural a cargo de Carlos Bravo, experto en clima e enerxía, quen ocupou a coordinación desta área en Greenpeace España máis de 20 anos. Actualmente, é consultor ambiental e representante de Transport&Enviroment, unha federación a nivel europeo de organizacións non gobernamentais dedicadas ao transporte. A continuación, chegará a quenda das mesas redondas. 

 

En primeiro lugar, terá lugar a dedicada ás Tendencias en investigación en hidróxeno verde, onde se contará coa presenza de Fernando Val, director de EnergyLab; Roberto Campana, director científico da Unidade de Investigación do Centro Nacional de Hidróxeno; Juan Manuel Bermúdez, Investigador RyC da UDC que pertence ao centro de investigación CICA-UDC; Adrián Rodrı́guez, responsable de Desenvolvemento de Negocio de CETIM Centro Tecnolóxico e Pablo Carrasco, xestor de proxectos e especialista en enerxía do ITG. 

 

A análise desde unha perspectiva reguladora, de tramitación e loxística poñerano os participantes da mesa titulada O papel das administracións e institucións no desenvolvemento do hidróxeno verde. Estarán nela, Nicolás Vázquez, secretario xeral de Industria da Xunta de Galicia; Juan Diego Pérez, director do Porto da Coruña; Javier Calviño Gómez, xefe do departamento de Servizos Técnicos e Planificación na Autoridade Portuaria de Ferrol - San Cibrao e Javier Dı́az, tenente alcalde do Concello de Ferrol. 

 

Por último, a terceira mesa virará en torno ao Valor empresarial de hidróxeno verde en Galicia. Un debate no que estarán Raúl Martı́n, responsable de eólica mariña e hidróxeno en Greenalia; Julio Hidalgo, director da división de hidróxeno de Univergy Solar; Brais Armiñou, socio consultor en AtlantHy; Alberto López, director financeiro de Forestal do Atlántico e Francisco Méndez, responsable de estratexias industriais de CCOO de Industria de Galicia 

 

Consulta aquí o programa

 

Sobre a Cátedra
A compañía Greenalia e a UDC (Universidade de Coruña) impulsan a Cátedra de Transición Enerxética. Unha iniciativa coa que se prevé a transferencia de coñecementos sobre o impacto do cambio climático, o proceso de descarbonización e a transición enerxética, con especial atención aos seus efectos en Galicia.