Actualidade

A coordinadora do Estudo Galiat-Galicia, a Dra. Mar Calvo Malvar falou sobre a dieta atlántica na Universidade da Coruña

30/10/2023

 

A Universidade Senior da UDC acolleu o venres 27 de outubro de 2023 nas instalacións da Universidade Senior da UDC (Paseo de Ronda 47 1º, A Coruña). a conferencia “Dieta Atlántica: Saúde, Sustentabilidade e Cultura”, impartida pola Coordinadora do Estudo Galiat-Galicia, Alimentación Atlántica, a Dra. Mar Calvo Malvar, na que asistiron un centenar de persoas interesadas en coñecer algo máis sobre #alimentacion saudable, organizada pola Cátedra Vegalsa Eroski en colaboración coa Universidade Sénior da Coruña no marco das actividades de Outubro Saudable 2023.

 

A directora da Universidade Sénior, Matilde García Sánchez e a directora da Cátedra Vegalsa Eroski-UDC, Carmen Costa abriron a conferencia. Pola súa banda Matilde García, agradeceu á directora da Cátedra Vegalsa Eroski a proposta da actividade e a boa acollida e participación dos asistentes as distintas actividades levadas a cabo no marco das actividades de Outubro Saudable na Universidade Senior, que rematan coa conferencia “Dieta Atlántica: saúde, Sustentabilidade e cultura”, impartida pola coordinadora do Estudo Galiat-Galicia, a Dra. Mar Calvo Malvar. De seguido Carmen Costa agradeceu a colaboración da Universidade Senior na organización desta actividade e presentou a Dra. Mar Calvo, quen falou sobre a dieta atlántica, en qué consiste e os seus beneficios. 

 


Na conferencia, a Dra. Mar Calvo abordou a dieta atlántica desde tres puntos de vista: saúde, cultura e sustentabildade. Falou sobre a evolución nos estilos de vida e alimentación dos últimos anos, nos que se incrementaron as patoloxías relacionadas coa obesidade e os riscos cardiovasculares a idades cada vez máis temperás e das evidencias científicas que o apoian, como o proxecto Galiat 6+7.


A Dra. Mar Calvo foi a encargada de dirixir o ensaio clínico Galiat 6+7, é un proxecto desenvolvido en A Estrada (Galicia) e que está financiado con fondos FEDER. Galiat xurdiu para cubrir a necesidade de previr ou atrasar este tipo de patoloxías tentando demostrar que unha dieta equilibrada e saudable, como pode ser a dieta tradicional galega, é efectiva neste sentido. 


“El ensayo busca prevenir, no curar pacientes enfermos” sinalou a Dra. Mar Calvo, é por iso que o estudo levouse a cabo no marco da atención primaria en 250 familias de Galicia, cunha duración de 6 meses con cada familia. 


Durante o ensaio de intervención nutricional analizaron como comía a xente e os seus patróns de alimentación, conformando dous grupos paralelos dirixidos a valorar os posibles efectos de alimentos integrados na Dieta Atlántica: un grupo de intervención e un grupo de control. O grupo de intervención contaba cun seguemento contínua e tamén se lles impartía formación, se lles facilitaba material de apoio, como libros de recetas… e o grupo de control estaba formado por persoas sen ningún tipo de intervención.


Á luz dos resultados do estudo a Dra. Mar Calvo sinalou que: “La Dieta Atlántica contribuye a disminiur el colesterol y perder peso de forma mantenida” e destacou que “el grado de implicación de las familias superó todas nuestras expectativas”

 
Para finalizar concluiu que “El estudio tuvo éxito en el cambio de patrones de consumo” e que “La Dieta Atlántica es sostenible”, xa que promove o consumo local e de proximidade, o que a fai reduce a pegada de carbono. 

 


A conferencia seguiulle un "Almorzo Saudable", patrocinado por Vegalsa Eroski.

 

 

 

Sobre a Cátedra Vegalsa-Eroski UDC
A Cátedra Vegalsa-Eroski de Compromiso Social, Comunicación e Reputación Corporativa naceu co obxectivo de contribuír ao benestar e á mellora da nosa sociedade a través de actividades de educación e divulgación, de investigación e de aplicación do coñecemento.
 
A idea é poder facilitar á comunidade universitaria e á sociedade en xeral unha visión integral sobre a importancia da comunicación á hora de impulsar hábitos de vida saudables e conciencia ambiental, favorecendo á súa vez un consumo consciente e sostible.  Para logralo priorizaranse as accións en catro liñas de actuación fundamentais: investigación, transferencia, formación e accións de tipo relacional e de proxección social, achegando Vegalsa-Eroski unha dotación anual de 20.000 euros para a súa consecución.