Actualidade

A directora da Cátedra Vegalsa-Eroski falará sobre 'Saúde, (des)información e redes sociais' na Universidad Sénior da Coruña

27/10/2023

 

As profesoras Carmen Costa Sánchez e Iria Veiga Ramos impartirán o Seminario "Saúde, (des)información e redes sociais"organizado pola Universidade Sénior en colaboración coa Cátedra Vegalsa Eroski UDC de Compromiso Social, Comunicación e Reputación Corporativa. 

 

O seminario constará de 4 sesións de dúas horas de duración (de 17:00 a 19:00 horas) a desenvolver os días 9, 16, 23 e 30 de novembro de 2023, nas instalacións da Universidade Sénior na Normal (Paseo de Ronda nº 47 1º) de A Coruña. 

 

As redes sociais convertéronse nunha importante fonte de información, tamén relacionada coa saúde. Non obstante, esa cantidade de información, opinións, experiencias, etc. que circula polas redes inclúe tamén información falsa, o que pode conducir a erros no noso comportamento en materia de saúde. É por iso que a Organización da Saúde acuñou o termo de "infodemia" para referirse a esta situación de proliferación informativa no contexto de pandemia que se inicia en 2020.

 

Conscientes disto e das fake news que circulan pola rede, este seminario pretende, en primeiro lugar, reflexionar e analizar a información en saúde que nos chega a través das redes sociais. En segundo lugar, achegar unha serie de recomendacións para saber se a información que recibimos é unha información veraz e confiable. 

 

As metodoloxías que se seguirán neste curso son dúas: sesións participativas na aula con exemplos e obradoiro, onde se estudiarán casos de desinformación en saúde e aplicación de metodoloxía de verificación de información. 

 

As prazas asignaránse por rigoroso orde de inscrición. As persoas interesadas en asistir poden inscribirse de forma gratuíta do 9 ao 19 de oububro de 2023.

 

A continuidade desta formación complementaria foi impartida por primeira vez durante o curso 2022-2023, onde participaron unha veintena de personas, é posible grazas á colaboración da Universidade Sénior da UDC coa Cátedra Vegalsa-Eroski UDC.