News

A Cátedra de Dereito Local trata a Lei de Benestar Animal

20/04/2018

En outubro de 2017 publicouse no DOG a Lei 4/2017, de 3 de outubro, de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia, que entrou en vigor o 11 de xaneiro de 2018. Unha lei que marcou cambios na convivencia con animais de compañía e modificaba a anterior lexislación, quedando modernizada ou endurecida para dotar ás mascotas e/ou aos seus propietarios con novos dereitos e obrigas.

 

En total 49 artigos para combater o maltrato e que entre outros facía efectiva a prohibición das mutilacións de mascotas, o uso de animais salvaxes nos circos e que os cans estean sempre atados.

 

Sobre todo isto versou o encontro desenvolvido o pasado 20 de abril de 2018 que comezou cunha conferencia sobre o “Marco xurídico comunitario e estatal do benestar dos animais de compañía” impartida polo Profesor Titular de Dereito Administrativo da Universidade de Cádiz, José María Pérez Monguió. Unha intervención que foi seguida dunha que permitiu achegarse ao marco xurídico a tratar e que foi ofrecida por Susana Cuesta Fariña, Subdirectora Xeral de Biodiversidadee e de Recursos Cinexéticos e Piscícolas da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

 

A nova normativa pode verse de xeito interdisciplinario e disto deron conta nunha mesa redonda desenvolvida ao longo da xornada. Nesta volveu a participar Susana Cuesta Fariña, xunto á Xefa de Servizo de Conservación da Biodiversidade da Consellería de Medio Ambiente. Tamén interviñeron María Díaz Piñeiro Mosquera e Laura Durante, como representantes das Sociedades Protectoras de Animais no Consello Galego de Protección de Animais Domésticos e Salvaxes en Cautividade de Galicia e do Partido Animalista contra o Maltrato Animal (PACMA) respectivamente.

 

Como peche levouse a cabo unha mesa redonda final na que se tratou a indicendia da Lei no ámbito local. Nesta ocasión contouse con representación da Administración, as Forzas de Seguridade e Asociacións. Así interviron Alfonso Villares Bermúdez, Vicepresidente na FEGAMP e representante no Consello Galego de Protección dos Animais Domésticos e Salvaxes en Cautividade de Galicia. Por outra banda tamén estivo no estrado o inspector principal, Xefe da unidade de distritos Diurna, da Patrulla Verde da Policía Local de A Coruña e avogado, Ángel Merelas Sánchez. O Concello de A Coruña estivo representado por Victoria Eugenia Hurtado Chaves, xefa do departamento de Xestión Administrativa de Medio Ambiente. Ademais tamén participou o representante da Asociación Animalista “Libera”; Rubén Pérez Sueiras.

 

PROGRAMA COMPLETO