Actualidade

O grupo Aquaterra monitoriza xacementos arqueolóxicos costeiros afectados polo cambio climático

23/10/2023


O grupo de investigación Aquaterra (Xestión Sostible dos Recursos Hídricos e do Solo) está a realizar unha monitorización dunha serie de xacementos arqueolóxicos costeiros de Galicia afectados polo cambio climático, coa finalidade de levar a cabo un control da erosión litoral que afecta negativamente as súas estruturas arqueolóxicas. O traballo foi encargado polo Servizo de Arqueoloxía da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia. 

 

Os xacementos onde se está a realizar a monitorización están situados nos concellos de Foz, Viveiro, Mugardos, Mañón, Porto do Son e Illa de Arousa. Participan no proxecto os investigadores Marcos Lado Liñares (investigador principal), Eva Vidal Vázquez, Manuel López Vicente e Vanessa Álvarez López.