Actualidade

A FUAC participa na mesa redonda de orientación laboral das VII Xornadas de Orientación Profesional en Ciencias Sociais da UDC

18/10/2023

 

A Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña acollerá o 19 e 20 de outubro de 2023 as VII Xornadas de Orientación Profesional en Ciencias Sociais. As xornadas desenvolveranse no Salón de Graos da Facultade.

 

Na primeira sesión titulada "ORIENTACIÓN PROFESIONAL, MODELOS DE INSERCIÓN E DESEÑO DAS TRAXECTORIAS LABORAIS" moderada polo Vicedecano de Extensión da Facultade  de Socioloxía, Carlos Diz Reboredo, participan representando ao Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS), Tatiana López Gonsálvez; a encargada do Servizo de Emprego da FUAC, Rosa Villar Mouro; a Vicerreitora de Estudantado, Participación e Empregabilidade, María José Lombardía Cortiña e a Técnica de Asuntos Europeos, Europe Direct, Deputación da Coruña, Cristina Couto Palla. 

 

O obxectivo destas xornadas é visibilizar os perfís profesionais que se demandan para as titulacións en ciencias sociais. A actividade está orientada a: proporcionar información e diferentes liñas de actuación para o desenvolvemento das prácticas profesionais do estudantado, identificar e crear oportunidades laborais no mercado de traballo e nichos emerxentes, e facilitar o desenvolvemento dos eixos más importantes que permitan ao alumnado desenvolver con éxito a súa traxectoria profesional.

 

Consulta aquí o programa completo