Actualidade

O centro de documentación ambiental Domingo Quiroga atópase entre os proxectos finalistas da cuarta edición do Premio de Rehabilitación da Xunta de Galicia

15/10/2023

O Museo Centro Gaiás da Cidade de Cultura de Galicia en Santiago de Compostela acolleu o 6 de outubro de 2023 a cuarta entrega da edición do Premio de Rehabilitación da Xunta de Galicia, onde once proxectos destacaron sobre o resto de participantes. Entre eles destacan varios proxectos nos que participaron profesores da Universidade da Coruña: un proxecto do Grupo de Investigación en Composición Arquitectónica e Patrimonio (GICAP), realizado por Fernando Agrasar Quiroga (UDC), Luz Paz Agras (UDC) e Marta Marcos Maroño, confeccionaron a rehabilitación do Pazo de Lóngora, no concello de Oleiros, A Coruña;  un proxecto realizado polos arquitectos Juan José Creus Andrade (UDC) e Covadonga Carrasco López, realizaron unha rehabilitación dunha das casas máis antigas do Centro histórico de Corcubión e un proxecto realizado por Óscar Fortes Dopico (UDC) e Iago Fernández, idearon a rehabilitación do estaleiro tradicional Ciprián para convertelo nun espazo museístico da carpintería no Concello de Outes.