Actualidade

Ferrol acolle o IV Congreso Iberoamericano de Ingeniería Naval

07/10/2023

 

O congreso, organizado polo Instituto Panamericano de Enxeñaría Naval Américas (IPIN) en colaboración coa Cátedra Ghenova-UDC, contou coa participación de máis de 350 especialistas e representantes de universidades, centros de investigación, armadas, armadores, estaleiros, portos, enxeñerías, industria, sociedades de clasificación e outras autoridades do sector de España e Hispoanoamérica que debaten sobre a enxeñería naval, o seu futuro ou o seu impacto tanto na sociedade como no planeta a través de diversos encontros, xornadas e foros.

 

O IV Congreso Iberoamericano de Enxeñería Naval constou de dúas partes, con sede en Sevilla, do 3 ao 5 de outubro de 2023 e que clausurou a ministra de Facenda e Función Pública, María Jesús Montero e a segunda con sede na Cidade de Ferrol o 6 e 7 de outubro de 2023, concibirase como “un puente marítimo” entre Europa e América.

 

O Comité de Honra do congreso, estivo presidido pola Sua Maxestade o Rey don Felipe VI e contou coa participación do Director Nacional do IPIN Panamá, Adán Vega Sáenz; o Director Nacional do IPIN México, Aguilar Olidel A.Vite F.;o Presidente de Ghenova Ingeniería, Carlos Alejo García-Mauricio; o Vicepresidente 2º Comité Organizador e Director da Cátedra Ghenova-UDC, Luis Carral Couce; o Reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde Alonso, entre outras autoridades.

 

Durante o segundo día de congreso, o mércores 4 de outubro, celebrouse o cume de Economía Azul na que participarán diversos representantes das agrupacións industriais marítimas. Clausúraa do mesmo terminou cunha cea de gala e coa entrega da primeira edición dos “Premios Iberoamericanos de Economía Azul” nos Reales Alcázares de Sevilla.


No marco do IV Congreso Iberoamericano de Enxeñería Naval, a Armada ofreceu un acompañamento especial coa presenza do patrulleiro de altura “Vigía” que remontou as augas do río Guadalquivir. É un dos catro patrulleiros de altura da Armada que compoñen a clase “Serviola”.

 

Día 1 Inauguración

 

Día 2 e Gala de Premios

 

Campus de Ferrol

O xoves 5 de outubro, o congreso iniciou a súa extensión a Ferrol.  O venres 6 de outubro, o Campus Industrial do Ferrol acolleu a recepción dos participantes no IV Congreso Iberoamericano de Enxeñaría Naval.

 

No acto participaron a vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, María Jesús Movilla Fernández; o vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia, Salvador Naya Fernández; o alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, o vicealmirante e almirante xefe do Arsenal Militar de Ferrol, Ignacio Frutos Ruíz; a directora do Campus Industrial da Universidade da Coruña, Ana Ares Pernas; o director da Cátedra Ghenova, Luis Carral Couce; a presidenta do  IPIN, Aguivar Olidel Vite; e o director do estaleiro Navantia Ferrol, Eduardo Dobarro Rubido.


Tras ser recibidos polas autoridades, os máis de 60 participantes no congreso en Ferrol puidieron asistir na Aula Magna da Facultade de Humanidades e Documentación a unha mesa mesa de traballo sobre tecnoloxías e o estado da construción naval, na que interviñeron o codirector do Centro Mixto de Investigación Navantia – UDC, Pablo Fariñas Alvariño, o director da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, Vicente Díaz Casás, o director de Navantia Ferrol, Eduardo Dobarro Rubido, o director técnico do Programa de Fragatas F-110, Rafael Seijo, e o comandante da 31 Escuadrilla de Superficie da Armanda, Jesús Viñas Barciela

 

O programa da xornada incluíu tamén visitas aos estaleiros de Navantia en Ferrol e Fene, ao Arsenal Militar de Ferrol e ao Museo da Construción Naval (Exponav), onde os participantes tiveron a oportunidade de visitar a fragata F105, a exposición permanente de construción naval EXPONAV e a fragata en construción F110 no taller e bancada. 

 

O congreso finalizou cunha visita turística pola cidade de Ferrol.