Actualidade

A coordinadora do Estudio Galiat-Galicia a Dra. Mar Calvo Malvar falará sobre a dieta atlántica na Universidade da Coruña

16/10/2023

 

A Universidade Senior da UDC en colaboración coa Cátedra Vegalsa Eroski organizan a actividade "Almorzo Saudable" que terá lugar o venres, 27 de outubro de 2023, no marco do programa de actividades do Outubro Saudable 2023 na Universidade Sénior da Coruña.

 

A actividade consistirá nunha conferencia titulada "Dieta Atlántica: Saúde, Sustentabilidade e Cultura" a cargo da Dra. Mar Calvo Malvar, Coordinadora del Estudio Galiat - Galicia, Alimentación Atlántica, ás 11:00 na Aula 1 da Universidade Sénior da Coruña, á que seguirá un Almorzo Saudable patrocinado por Vegalsa-Eroski.

 

Está dirixida ao alumnado matriculado na Universidade Senior da UDC no curso 2023-2024 é ao público en xeral interesado en coñecer algo máis sobre #alimentación saudable.

 

A actividade é de balde e requírese inscrición previa, do 16 ao 20 de outubro de 2023, na seguinte ligazón

 

Inscríbete aquí 


#comunicación #divulgación  #salud #almorzosaudable #compromisosocial