Actualidade

A UDC colabora coa Deputación e o Concello de Zas nun evento para valorizar o liño

18/09/2023

 

A Universidade da Coruña colaborou coa Deputación da Coruña, o Concello de Zas e a Asociación Amigos do Liño na organización da xornada “Presente e futuro do liño”, celebrado o 16 de setembro co fin de mostrar e valorizar o traballo que implica a creación dunha peza de liño artesanal. 

 

O acto contou coa presenza, entre outros, do reitor da UDC, Julio Abalde Alonso; a vicerreitora do Campus Industrial de Ferrol, María Jesús Movilla Fernández; a directora do Campus Industrial de Ferrol, Ana Ares Pernas; o director adxunto da Fundación UDC, Braulio PérezAstray, o profesor Ricardo García Mira e os profesores da UDC Manuel Escourido Calvo e María Elvira Lezcano González, como relatores invitados.

 

Na xornada explicouse que o proxecto do Parque Científico e Tecnolóxico no que traballan o Concello de Zas e a Universidade da Coruña irá tomando forma a través de iniciativas e vías de colaboración entre grupos de investigación da UDC e entidades locais. A medida máis inmediata será integrar a artesanía do liño na oferta académica da UDC.