Actualidade

A Universidade da Coruña e o Clúster audiovisual impulsan a creación de platós na Cidade das TIC de A Coruña

23/10/2023


A Cidade das TIC, a antiga fábrica de armas, prepárase para acoller un estudio de grandes dimensións de realidade virtual, pero xa está a funcionar como set grazas a serie de Amazon Prime Operación Marea Negra, da que se estreou este luns a segunda tempada na TVG. O estudio está a construírse desde hai semanas con fondos da Deputación da Coruña e axudas europeas, e aspira a converterse nunha instalación de referencia na industria audiovisual nacional. Pero a Universidade da Coruña (UDC), promotora da Cidade das TIC xunto ao Clúster TIC de Galicia, e o Clúster Audiovisual Gallego promoven tamén a creación de outros dous estudios tradicionais para a gravación e produción de series para televisión nas mesmas instalacións do futuro parque tecnolóxico situado na antiga fábrica de armas.

 

A Clúster do sector audiovisual concorrerá á liña de axudas para infraestruturas locais dentro do programa de centros de fabricación avanzada, susceptibles de ser cofinanciadas polo programa Galicia Feder 2021-2027, que promove o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape). A construción destoutros dous estudios na Cidade das TIC, que comezou a concibirse “fai catro anos”, sucederá á implantación do estudio virtual xa en obras, previsto para funcionar a comezos de 2024.

 

A primeira etapa dese proxecto global, do que forman parte o estudio de realidade virtual, os dous estudios previstos e as distintas salas, foi o estudio virtual, un estudo que crea unha realidade inmersiva e permite gravar a persoas fóra dos espazos naturais pero coma se estivesen neles. A obra tería que estar finalizada ao concluír este ano para cinguirse aos requisitos establecidos polas axudas europeas. O investimento total é de case oito millóns de euros, dos que cinco os achega o Estado a través dos fondos Next Generation. A Deputación, que en principio ía investir 1,7 millóns, gasta case tres, xa que asumirá o custo de equipamentos tecnolóxicos. Os equipos do estudo audiovisual virtual da Cidade das TIC foron adxudicados o pasado agosto á multinacional das comunicacións Telefónica Servicios Audiovisuales.

 

A segunda e a terceira etapa comprenden a construción dos novos estudios e as salas de montaxe e postproducción, segundo apuntan os impulsores, para o que solicitarán as axudas promovidas pola Xunta a través do Igape. De ser concedidas, empezaría a súa construción.

 

Aínda que non é un estudio propiamente dito, unha nave da Cidade das TIC está a ser usada desde fai máis dun ano por produtoras de cinema e televisión para recrear escenarios, como cárceres, tras chegar a acordos coa UDC e o Clúster TIC. Este mesmo mes rodáronse nesa nave escenas da produción de Amazon Prime Operación Marea Negra.

 

 

Le aquí a noticia completa