Actualidade

O Concello de Carballo acolleu a presentación do programa para maiores de 50 anos de democratización de coñecemento da Universidade Sénior da Coruña

05/10/2023

 

Baixo o lema Compartir experiencias e coñecementos, chega a Carballo por primeira vez (en Zas e outros puntos leva cinco anos) a Universidade Sénior, un programa de «democratización do coñecemento» para maiores de 50 anos, aos que non se lles pide ningún requisito máis que a idade , so o interese por saber.

 

Foi presentado onte no Concello pola súa directora, Matilde García, e pola vicerreitora da Universidade da Coruña Nancy Vázquez, ademais da edila Mar Eirís e o alcalde, Evencio Ferrero. Está dividido en tres módulos: Arte e Patrimonio, Ciencia e Tecnoloxía e Saúde e Benestar. En cada un, tres clases a cargo de profesores universitarios de dúas horas (de 17 a 19), no Fórum, ademais de dúas saídas formativas, e unha sesión práctica de nutrición. Empezará o día 24 deste mes e acabará o 29 de novembro. Xa é posible anotarse nos correos cristinaabelleira@carballo.gal e comarcas.senior@udc.gal, ademais dos teléfonos 881.982.817 e 881.014.508. É gratuíto e colabora a Xunta no financiamento.

 

Le aquí a noticia completa.