Actualidade

Javier Cudeiro Mazaira, director de la Cátedra HM-UDC, coordina un ciclo de charlas dentro de la exposición “Os labirintos do cerebro” do MUNCYT

05/10/2023

 

Javier Cudeiro Mazaira, director da cátedra HM-UDC, catedrático de Fisioloxía da UDC e director do Centro de Estimulación Cerebral de Galicia, é o comisario da exposición temporal “Os labirintos do cerebro” que acolle o MUNCYT da Coruña, e coordinador do ciclo de conferencias que se celebran como complemento á exposición. A exposición poderá visitarse ata o 30/06/2024 durante o horario de apertura ao público.


O ciclo de conferencias iniciouse en setembro e prolongarase ata xuño do próximo ano. Conta cunha selección de relatores que permite reunir a grandes expertos galegos e do resto do territorio español para abordar diversos ámbitos de investigación en neurociencia desde un punto de vista divulgativo.

 

Todas as charlas celebraránse ás 19:00 h. no Salón de actos do Muncyt A coruña e son de acceso libre ata completar aforo e serán retransmitidas en directo a través da canle de Youtube da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT).

 

Fotografía de Fernando de Castro Soubriet, Científico Titular do CSIC e xefe do Grupo de Neurobioloxía do Desarrollo-GNDe. Instituto Cajal (CSIC) na primeira conferencia do ciclo "Los laberintos del Cerebro" celebrada o 28 de setembro de 2023 baixo o título “Cajal y el laberinto del cerebro”.

 

A exposición “Os labirintos do cerebro” profunda no ámbito da investigación neurocientífica e o funcionamento do cerebro. Trátase dunha exposición que aproveita o atractivo e a interactividade dos labirintos para presentar, dun modo práctico e accesible, a disciplina da neurociencia, entendida como a ciencia que estuda o sistema nervioso humano, con especial atención ao cerebro. A exposición segue o fío condutor da Historia, revisando algúns achados craves que permitiron mellorar a compresión sobre a estrutura e a función do cerebro.

 

Consulta aquí o programa do Ciclo de conferencias "Os labirintos do cerebro"