Actualidade

A Cátedra NTT DATA colabora con entidades sen ánimo de lucro en forma de propostas de TFGs

04/10/2023

 
Completáronse os primeiros traballos promovidos pola Cátedra NTT DATA en Diversidade e Tecnoloxía, dentro do programa “TFGs solidarios”. 
 
Estes traballos realízanse seguindo a metodoloxía de Aprendizaxe e Servicio (ApS), unha proposta educativa que combina procesos de aprendizaxe e servizo á comunidade nun só proxecto, no cal as persoas participantes se forman traballando sobre necesidades reais da contorna co obxectivo de mellorala.
 
Os TFGs rematados nesta primeira edición:
 
  • “Aplicación web para unha ONG que asesora a persoas migrantes o en situación de vulnerabilidade social”, coa Asociación de Migrantes de Galicia.
Neste traballo creouse unha aplicación web para a xestión interna da asociación. Nela inclúese: entrada/saída de usuarios; ciclo de vida de cada migrante (desprazamentos, accións legais, ...); informes estatísticos de actividades, ... Por suposto, é una aplicación escrupulosamente respetuosa coa Lei Xeral de Protección de Datos. O traballo foi defendido o luns 25 de setembro por Miguel Crespo Rozados.
 
  • “Análise e visualización de datos de prestación de servizos á terceira idade en Cruz Vermella”, coa Cruz Vermella.
Neste traballo realizouse unha análise de datos relacionados coa prestación de servizos á terceira idade por parte de Cruz Vermella. Esta análise axudará aos operadores da organización para optimizar e predicir distintas situacións, atopar patróns de comportamiento e xerar informes. O traballo foi defendido o venres 22 de setembro por Laura Placer Picado.
 
  • “Ferramenta para a xestión e coordinación do voluntariado”, coa Plataforma Coruñesa de Voluntariado.
Neste traballo elaborouse unha base de datos unificada e unha aplicación móbil para a xestión do voluntariado. Con ela, pensada para ser usada polo voluntariado, pódese optimizar e rexistrar adecuadamente todo a súa colaboración. O traballo foi defendido o luns 25 de setembro por Jesús Fraguío Sánchez.
 
  • “Software libre para a comunicación entre produtoras e consumidoras”, coa Cooperativa de consumo responsable Zocamiñoca.
Neste traballo diseñouse e implementouse unha solución de comunicación adaptada á cooperativa, incluido a xestión de persoas, entidades colaboradoras, xestión económica, … O traballo foi defendido o luns 25 de setembro por Diego Vázquez Fernández.