Actualidade

Xa está aberta a VII convocatoria de bolsas de formación da Cátedra HM-UDC

20/09/2023

Cátedra de Traumatoloxía do Deporte da UDC lanza unh nova convocatoria de bolsas de formación para licenciados en medicina especializada en traumatoloxía do deporte. O obxectivo das becas é favorecer á formación de médicos con interese na Traumatoloxía do Deporte que non tivesen unha formación específica dentro do seu programa de estudos de Medicina nin nas diferentes especialidades médicas vía M.I.R..

 

A cátedra ofrece a este grupo de profesionais médicos continuar a súa formación neste campo nun centro de referencia nacional e internacional, integrándose no funcionamento do equipo e participar das actividadades diarias segundo o plan de formación personalizado.

 

A formación poderá ter unha duración de 12 meses ou excepcionalmente de 6 meses, sendo a contía da bolsa de 8.000 euros por un período de 12 meses, ou de 4.000 euros por un período de 6 meses. A formación desenvolverase no Instituto Médico Arriaza e Asociados e no Hospital HM Modelo (A Coruña) a comezar durante o curso 2023-2024.

 

Os interesados poderán presentar a súa solicitude a través da seguinte ligazón ata o 15 noviembre de 2023. Consulta aquí as bases da convocatoria.