Actualidade

A Universidade da Coruña abre o prazo de presentación para os III Premios a Proxectos de Innovación Docente en Aprendizaxe-Servizo

14/09/2023

 

A Universidade da Coruña (UDC), por medio da Vicerreitoría de Internacionalización e Cooperación e da Vicerreitoría de Planificación Académica e Innovación Docente, fai pública a convocatoria dos III Premios a Proxectos de Innovación Docente en Aprendizaxe-Servizo da Universidade da Coruña. Nesta ocasión, contamos tamén coa inestimable colaboración da Cátedra Hijos de Rivera-UDC de sostenibilidade.

 

O obxectivo dos premios e recoñecer e impulsar a calidade daquelas iniciativas de innovación docente que empreguen a metodoloxía da aprendizaxe-servizo dentro do marco curricular da UDC.

 

A dotación económica total destinada a este fin é de 3.000 € e o prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 29 de setembro de 2023. Os interesados en presentar proxectos á III Premios a Proxectos de Innovación Docente en Aprendizaxe-Servizo da Universidade da Coruña poderán facelo por medio do rexistro electrónico da UDC (https://sede.udc.gal/services/telematic_register) ou tamén poderán entregalo no Rexistro Xeral da UDC (rúa da Maestranza 9, 15001 A Coruña) ou nos rexistros auxiliares dos campus de Elviña (trasladado temporalmente ao campus da Zapateira, 15071 A Coruña) ou Esteiro (Edificio de Apoio ao Estudo, 15403 Ferrol).

 

Establécense os seguintes premios por cada modalidade de participación, coas seguintes dotacións:
PREMIO Á INNOVACIÓN DOCENTE EN APRENDIZAXE-SERVIZO EN MATERIA DE SUSTENTABILIDADE (patrocinado pola Cátedra Hijos de Rivera-UDC de Desarrollo Sostenible)
‒ 1.º premio: 600 €
‒ 2.º premio: 400 €
PREMIO Á INNOVACIÓN DOCENTE EN APRENDIZAXE-SERVIZO EN MATERIA DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
‒ 1.º premio: 600 €
‒ 2.º premio: 400 €
PREMIO Á INNOVACIÓN DOCENTE EN APRENDIZAXE-SERVIZO EN MATERIA DE REDUCIÓN DAS DESIGUALDADES
‒ 1.º premio: 600 €
‒ 2.º premio: 400 €

 

Más información aquí https://sede.udc.gal/services/electronic_board/EXP2023/009392