Actualidade

A Cátedra Luis Fernández Somoza convoca axudas no ámbito internacional para o estudantado da Facultade de Economía e Empresa da UDC

12/09/2023

Co obxectivo de potenciar as relacións docentes-internacionais no ámbito da internacionalización, a Cátedra Luís Fernández Somoza convoca axudas para estudantado da Facultade de Economía e Empresa da UDC que participe en programas de mobilidade Erasmus ou internacional durante curso académico 2023-2024, co fin de potenciar a colaboración entre a Facultade de Economía e Empresa da UDC e universidades estranxeiras. 

 

Bolsas de formación para a mobilidade internacional de estudantes da Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña que estea a cursar graos únicos universitarios ou programas de dobre titulación (graos universitarios) e que participe en programas de mobilidade Erasmus ou internacional de fins de estudo durante o curso académico 2023-2024, Erasmus+ ou Bilaterais SM

 

Para o estudantado que participe en programas de mobilidade Erasmus ou internacional no curso académico 2023-2024 se concovan un máximo de 10 axudas dunha contía individual de 1.000 euros. Son compatibles e complementarias con outras bolsas que o beneficiario/a poida obter para a mesma estancia. O período de solicitude estará aberto desde o 12 se setembro ata o 31 de decembro de 2023.

 

Máis información e inscrición