Actualidade

A ETS Enxeñería de Camiños, Canles e Portos da UDC acolleu a gradación da V Promoción Espazo Compartido 2021-2023

30/06/2023

 

​O 30 de xuño de 2023 celebrouse na ETS Enxeñaría de Camiños, Canles e Portos da Universidade da Coruña a gradación da V Promoción de Espazo Compartido 2021-2023.

 

O programa Espazo Compartido, apoiado desde os seus inicios polo Consello Social da Universidade da Coruña, promove a igualdade de oportunidades no ámbito educativo, laboral e social. O seu obxectivo é a formación de mozas con discapacidade cognitiva nunha contorna universitaria en habilidades sociais, persoais e competencias básicas para impulsar a súa empregabilidade.