Actualidade

O investigador Juan José Pernas dirixe proxectos en materia medio ambiente e economía circular

09/08/2023

 

A Axencia Galega da Industria Forestal adxudica ao profesor de Dereito Administrativo da Universidade da Coruña, Juan José Pernas, un proxecto para o asesoramento para a elaboración dunha guía técnica de referencia sobre a compra pública sostible no sector da madeira, dirixida á administración local. Tratase dunha proposta de circular dirixida ao sector público galego para favorecer o uso da madeira nos contratos de obra e a elaboración dun informe xurídico sobre a súa adecuación á Lei 9/2017 de contratos do sector público, por un importe de 8.800 euros.

 

Os traballos levados a cabo no primeiro cuadrimestre do presente ano consisten na realización de labores de definición de criterios e cláusulas administrativas para o fomento do uso de madeira nos contratos de obras, coa finalidade de realizar unha guía de contratación pública orientada ás entidades locais, que poida ser utilizada por estas nos procesos de preparación contractual e a elaboración dun informe xurídico sobre a legalidade das cláusulas e criterios técnicos de referencia propostos