Actualidade

A UDC imparte un curso sobre dereito marítimo pesquero

08/08/2023

O Consello Galego de Relacións Laborais da Xunta de Galicia e a Universidade da Coruña organizan a II Edición do Curso de Especialización en Dereito marítimo pesqueiro do Traballo e Seguridade Social. O prazo de inscrición permanecerá aberto do luns 21 de agosto de 2023 ata o martes 12 setembro de 2023.

 

A formación, que conta con 40 prazas en modalidade presencial e 10 prazas en modalidade non presencial, impartirase entre o 26 de setembro e o 8 de novembro de 2023 na Facultade de Dereito da Universidade da Coruña.

 

O obxectivo do curso é aproximar ao mundo das actividades marítimo-pesqueras. Haberá tamén actividades (de participación voluntaria) complementarias de diversa natureza (visita ao porto da Coruña, visita ao Museo de Construcción Naval de Ferrol, travesía en barco se as condicións así o permiten, e actos culturais).

 

Para máis información e inscricións pica aquí.

 

Consulta aquí o programa