Actualidade

A sala de prensa da Universidade da Coruña, na Reitoría, acolleu o 26 de xullo o acto de entrega dos III Premios da Cátedra Emalcsa - UDC aos mellores Traballos de Fin de Máster

26/07/2023

A sala de prensa da Universidade da Coruña, na Reitoría, acolleu o 26 de xullo ás 10:00h o acto de entrega dos  III Premios da Cátedra Emalcsa - UDC aos mellores Traballos de Fin de Máster defendidos polo alumnado da UDC no curso 2021-2022, relacionados coa xestión sustentable da auga urbana

 

O acto foi presentado polo vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia, Salvador Naya, contou coa asistencia da alcaldesa da Coruña e presidenta de Emalcsa, Inés Rey, o director Xeral de Emalcsa, Jaime Castiñeira de la Torre; e o director da Cátedra Emalcsa-UDC, o profesor Moisés Canle.

 

Os traballos premiados na terceira edición son:  “Desenvolvemento e ensaios en campo dun toma mostras pasivo de membrana metálica para a determinación de contaminantes orgánicos en augas superficiais e residuais” de Cástor Eduardo Maduro Malpica, estudante do Máster Universitario en Enxeñaría da Auga e “Integración de sensores con distintas tecnoloxías de comunicación loT para a maqueta MEDUSA” de Carlos Leira Castro, estudante do Máster Universitario en Informática Industrial e Robótica.

 

Cástor Eduardo Maduro-Malpica conseguiu o premio grazas ao seu traballo "Development and Field Testing of a Metal Membrane Passive Sampler for the Determination of Organic Contaminants in Surface and Wastewaters". O traballo de Cástor Eduardo Maduro desenvolve unha excelente análise dunha solución con potencial para realizar mostreos pasivos de contaminantes orgánicos con vistas á protección das masas de auga de cara á súa dispoñibilidade para xeracións futuras.

 


Carlos Leira Castro conseguiu o accésit grazas ao seu traballo “Integración de sensores con distintas tecnoloxías de comunicación loT para a maqueta MEDUSA”. Carlos Leira levou a cabo un rigoroso estudo para propoñer unha solución con capacidade para simular situacións que se poden dar na rede de distribución de Emalcsa e detectar potenciais problemas.