Actualidade

Entrevista a Laura Castro, investigadora da UDC e profesora da Escola Politécnica de Enxeñaría sobre as enerxías renovables mariñas e o seu futuro

02/07/2023

 

Laura Castro Santos, investigadora da UDC e profesora da Escola Politécnica de Enxeñería de Ferrol (EPEF) da UDC, é experta en enerxías renovables mariñas. Compartiu na entrevista de La Voz de Galicia, o 2 de xullo de 2023, o seu coñecemento no ámbito das enerxía renovables mariñas e a súa importancia nos próximos anos na economía galega, especialmente no ámbito de Ferrolterra.

 

Na entrevista destacou que "Actualmente as empresas da zona demandan moitos perfís profesionais con este tipo de coñecementos, e soamente estamos exportando plataformas. Nos próximos anos, cando os parques se comecen a instalar nas nosas costas, esas necesidades multiplicaranse. Por isto é moi necesario formar aos futuros traballadores deste sector tanto universitarios (enxeñaría naval, enxeñaría industrial, economía, etcétera) coma de formación profesional." e engadiu que "Neste sentido, estamos a desenvolver un Master en Formación Permanente en Enerxía Eólica Mariña Flotante que comezará, seguramente, o curso próximo"

 

O prazo de inscrición para o Máster en Formación Permanente en Enerxía Eólica Mariña Flotante para o curso 2023-24, coordinado polos profesores Laura Castro Santos, Almudena Filgueira Vizoso e Félix Puime Guillen, comezará o 10 de xullo ata o 24 de xullo de 2023. É un título propio de posgraduado da UDC, destinada a proporcionar unha alta especialización profesional, organizada pola Universidade da Coruña e a empresa Iberdrola. O abanico docente sexa moi amplo, incluíndo profesores da Universidade da Coruña, profesores doutras universidades e/o centros de investigación nacionais e internacionais e importantes profesionais do sector vinculados a empresas do sector eólico mariño.

 

Le aqui a entrevista completa

 

Autor da imaxe José Pardo (La Voz de Galicia)