Actualidade

O Dr. Manuel Becerra será o director da recentemente creada Cátedra Juan Luque de Economía Circular da Fundación Olidís

18/04/2023

 

 

O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, e o presidente da Fundación Olidís, Juan Luque, asinaron un convenio de colaboración para a creación da Cátedra Juan Luque: economía circular sobre o aceite, coa finalidade de pechar o ciclo da economía circular deste produto coa creación de novos derivados da reciclaxe de aceite doméstico.

 

O profesor da UDC Manuel Becerra, investigador do grupo EXPRELA do CICA e coordinador do Máster Universitario en Biotecnoloxía Avanzada con mención de excelencia da Xunta, será o novo director desta Cátedra que contará cun financiamento anual de 30.000 euros achegados pola Fundación Olidís.

 

Ambas as entidades exponse como obxectivo estratéxico profundar en estudos sobre os aceites relacionados coa economía circular en aplicaciónes cosméticas, farmacolóxicas e de enerxía, entre outras; así como á súa vinculación coa auga mariña e algas.

 

O reitor da UDC xustificou a creación desta nova Cátedra, que se suma ás xa existentes, como froito da intensa relación da nosa Universidade co sector empresarial. “Somos unha universidade que nos gusta estar preto do sector empresarial e industrial porque cremos na coxeneración de coñecemento”, explicou Abalde, sinalando o interese de ambas as institucións por innovar e formar no campo da economía circular.

 

A Fundación Olidís tamén puxo de relevo o carácter innovador desta Cátedra que terá a súa sede na factoría de elaboración de produtos cosméticos a base de aceite, auga de mar e algas que está a proxectar en San Cibrao, no Concello de Cervo.coa creación de novos derivados da reciclaxe de aceite doméstico.