Actualidade

A Cátedra CICAS anuncia as persoas beneficiarias da convocatoria de bolsas para Traballos Fin de Grao

05/06/2023

 

A Cátedra CICAS prácese en anunciar a resolución das bolsas convocadas para a realización de Traballos Fin de Grao. Desde a dirección da Cátedra, trasládase o máis sincero agradecemento a todas as e os estudantes que amosaron o seu interese por esta convocatoria e presentaron a súa solicitude. A calidade, interese e relevancia das propostas recibidas foi moi alta.

 

A convocatoria recibiu unha gran cantidade de solicitudes, o que desde a Cátedra consideramos reflicte o compromiso do estudantado da Universidade da Coruña, en particular o estudantado do GEI e do GECD da Facultade de Informática coa ciencia aberta e o software libre. A Comisión de avaliación viuse ante unha difícil tarefa ao ter que seleccionar só a catro persoas beneficiarias, en cumprimento das bases da convocatoria.

 

Tras dun coidadoso proceso de revisión e avaliación, a Cátedra CICAS resolve outorgar as 4 bolsas para a realización do seu Traballo fin de Grao. 

 

A resolución da convocatoria de axudas para a realización de traballos de Fin de Grado da Cátedra CICAS pode consultarse na seguinte ligazón.

 

A dirección da cátedra quere felicitar a estes estudantes por seren seleccionadas/os para recibiren as bolsas convocadas. A súa dedicación e disposición a abordar temas de alto impacto nos seus Traballos Fin de Grao, e o feito de facelo desde a filosofía do coñecemento aberto, son un exemplo. Temos confianza en que as súas contribucións a este serán valiosas e enriquecedoras para os seus correspondentes eidos de estudo.

 

A un tempo, queremos reiterar o noso recoñecemento a todas as e os estudantes que presentaron a súa solicitude. O seu esforzo e compromiso coa ciencia aberta e o software libre é igualmente digno de recoñecemento, e animámolos a continuar perseguindo os seus obxectivos académicos e profesionais coa mesma determinación.

 

A Cátedra CICAS continuará a fomentar o desenvolvemento de software aberto que contribúa ao avance científico, e apoiando iniciativas aliñadas con este obxectivo fundamental, así como a transferencia efectiva á sociedade do software empregado na investigación para potenciar o acceso universal á ciencia e fomentar a colaboración entre comunidades.