Actualidade

Renovado o convenio de colaboración que regula a Cátedra SXD Galicia Activa

27/04/2023

 

A Fundación Deporte Galego e a Universidade da Coruña renovan o convenio de colaboración que regula a Cátedra SXD Galicia Activa, o que permitirá seguir potenciando o intercambio de coñecemento e experiencias no ámbito docente, investigador e cultural. 

 

Tras a análise das iniciativas realizadas desde a posta en marcha da Cátedra en setembro de 2018, establécese un plan de actuación que, entre outros aspectos, contempla a colaboración no programa Adestra a túa Saúde, a realización de informes dos valores de condición física recollidos en DAFIS (Datos de Actividade Física Saudable), así como outras actividades ou estudos de carácter divulgativo, formativo e científico-técnico, todo iso co fin de favorecer a adopción de estilos de vida fisicamente activos entre a poboación galega, como ferramenta de prevención das enfermidades crónicas non transmisibles e dos seus factores de risco.