Actualidade

A FUAC participa na XIII edición da Feria de Emprego da Cámara de Comercio

29/05/2023

Volve a Feira de Emprego, a Cámara organiza a XIII Edición da Feira de Emprego que terá lugar o próximo 30 de maio de 2023 no Fórum Carballo. Un ano máis a FUAC participará como en anteriores edicións. Esperámosvos!!

 

A Cámara reunirá a unha trintena de empresas na #XIII Feira de Emprego en Carballo, que terá lugar en formato presencial mañá 3 de maio de 2023, de 9:00h a 14:00h. Temos o pracer de contar cunha CASETA e realizaremos entrevistas en horario de 10:00 a 14:00 horas.

 

Os mozos interesados poden inscribirse a través da seguinte ligazón .A feira é de inscrición libre e gratuíta e contará tamén con xornadas e talleres para mellorar a empregabilidade. Esperámosvos!!

 

Ademais esta edición conta con liña de autobuses dispoñibles, con saída desde o Centro de Formación da Cámara de Comercio da Coruña, Rúa Mendaña de Neyra, 8, 15008 - A Coruña (lateral ExpoCoruña). A hora de saída desde Coruña é ás 8:45h e o regreso desde Carballo é ás 13:30 horas. Requírese facer a reserva aquí. 

 

Consulta aquí máis información

 

Consulta o programa da #XIIIFeriaEmpleoCoruna.

 

#practicasfuac #FeriaEmpleoCoruna  #Empleo #coruña #Carballo #camaradecomercio