Actualidade

Laura M. Castro intervirá no Women Techmakers Galicia 2023

26/04/2023

 

Este 6 de Maio terá lugar o Women Techmakers Galicia 2023, unha iniciativa promovida por Google para dar visibilidade á muller no mundo da tecnoloxía, buscando xerar unha comunidade máis diversa e inclusiva. A Cátedra CICAS figura entre as entidades patrocinadoras deste evento que se celebra na Fundación Luis Seoane, na Coruña. 

 

Entre as persoas relatoras que intervirán no WTM Galicia figura Laura M. Castro, directora da cátedra CICAS polo Impulso da Ciencia Aberta a través do Software, quen falará sobre "Obstáculos invisíbeis na implantación de software: unha historia libre baseada en feitos reais". Na súa intervención, explicará como ás veces a boa vontade, o esforzo e o compromiso non son suficientes para que a adopción dun produto software sexa exitosa.