News

A Universidade e a Deputación crean a Cátedra de Dereito Local

17/10/2017

Nesta primeria reunión participaron o presidente provincial, Valentín González Formoso, o xefe de Patrimonio e Contratación, Luis Jaime Rodríguez, e os catedráticos da UDC Carlos Amoedo e Francisco Javier Larruga.

González Formoso destacou que esta nova cátedra "contribuirá ao estudo dos diferentes aspectos que afectan á administración local, non só desde un punto de vista teórico, senón tamén práctico, de maneira que sexan de utilidade para a xestión diaria dos concellos da provincia da Coruña".

Esta iniciativa permitirá impulsar a investigación e as actividades formativas en ámbitos como os dereitos fundamentais, a contratación pública, a gobernanza e a boa administración municipal, as políticas sociais, a ordenación do territorio, o urbanismo, o patrimonio cultural e o medio ambiente.

A Cátedra contará cun plan de acción para impulsar a difusión do Dereito Público no ámbito da administración local a través de proxextos como o desenvolvemento dunha newsletter de dereito local para os concellos coruñeses, a realización de cursos de xornadas internacionais ou a promoción e participación en foros e outros eventos especializados.

Noticia completa

Fonte: El Ideal Gallego