A Cátedra Hijos de Rivera-UDC de Desenvolvemento Sostible, no seu obxectivo de contribuir a fomentar unha actividade económica competitiva e sostible, con especial atención ao sector agrario galego, organiza o luns 24 de abril ás 9:30h no Salón de Actos da Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña, baixo o título: "Estrategia empresarial y Objetivos de Desarrollo Sostenible: del alineamiento a la certificación".
A conferencia será impartida polo catedrático da Universidad de Huelva, Francisco José Martínez e o profesor desta mesma institución, Antonio Montaño, responsables do International Council for the Development of Sustainable Goals.