Actualidade

Investigadores do Centro de Investigacións Científicas Avanzadas da UDC lideran un proxecto en materia de hidroloxía

13/04/2023

O grupo de investigación AQUATERRA desenvolve a cuarta fase do estudo de Hidroxeoloxía e modelos de balance hidrolóxico, e modelos de fluxo subterránero e transporte de contaminantes nos emprazamentos afectados por INQUINOSA, en Sabiñánigo (Huesca). O catedrático de Hidráulica e Hidroloxía da área de Enxeñaría do terreo, Francisco Javier Samper Calvete, será o responsable de dirixir os traballos levados a cabo polo equipo de investigación. Os traballos, iniciados no mes de xaneiro, incluen: a actualización dos modelos de fluxo e transporte realizados na fase anterior, cuantificación do fluxo dos contaminantes e a realización de modelos numéricos dos ensaios hidráulicos e de trazadores. O proxecto ten unha duración de 20 meses e conta cun financiamento de 35.000 euros.