Actualidade

O grupo de investigación GEAMA da UDC lidera proxectos en enxeñaría hidráulica

05/04/2023

O grupo de investigación de Enxeñaría da Auga e do Medio Ambiente (GEAMA), adscrito ao Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (Citeec), lidera proxectos de investigación no campo da hidroloxía. Os traballos iniciados no primeiro trimestre do ano 2023 son: un estudo hidrolóxico para Greeenalia Wind Power Campelo, cunha duración dun mes, e un proxecto de análises químicas e microbiolóxicas para Cobre San Rafael, cunha duración de 9 meses. O encargado de levalos a cabo é o profesor da Escola Técnica Superior de Enxeñaría del Camiños, Canais e Portos e coordinador do grupo de investigación GEAMA, Ricardo Juncosa Rivera. Supoñen unha inversión que ascende a 67.000 euros.