Actualidade

María José Gómez Yubero ofrece a conferencia “A reforma dos tipos de xuros Euribor e Libor e as súas implicacións financeiras"

10/02/2020

 

A Cátedra Luis Fernández Somoza organiza a conferencia "A reforma dos tipos de xuros Euribor e Libor e as súas implicacións financeiras" que se celebrará o vindeiro venres 6 de marzo de 11:00 a 13:00 horas na Facultade de Economía e Empresa.

 

A encargada de impartir esta charla será María José Gómez Yubero, experta en supervisión e regulación financieiras, que na actualidade representa á Comisión Nacional do Mercado de Valores sendo membro dos colexios de supervisores dos índices Euribor, Eonia e Libor. 

 

Con ampla experiencia profesional, Yubero desenvolveu gran parte da súa carreira profesional na CNMV en diferentes postos como directora de Supervisión ou directora de Inversións. Na actuialidade é responsable de Resolución e Asuntos de Estabilidade Financieira na Dirección Xeral de Política Estratéxica e Asuntos Internacionais.

 

Tamén é membro da Comisión de Seguimento da SAREB, do Comité de Resolución (Resolution Committee) da Autoridade Bancaria Europea (EBA) e do Comité de Resolución de Infraestruturas de mercado (Resolution Steering Group-Fmi CBCM) do Comité de Estabilidade Financieira (FSB). Tamén participa en diversos comités de ESMA e IOSCO.

 

Podes realizar a túa inscrición á conferencia nesta ligazón.