Actualidade

O grupo de investigación Dereito Público Global colabora no asesoramento xurídico do anteproxecto de Lei de Ordenación Litoral de Galicia

22/03/2023

O investigador e membro do grupo de investigación Dereito Público Global, Francisco Javier Sanz Larruga, coordina os traballos sobre a tramitación, transferencia e divulgación do anteproxecto de Lei de Ordenación do Litoral de Galicia. Os traballos para desenvolver inclúen un servizo de apoio no asesoramento xurídico durante o procedemento de tramitación, actividades de transferencia e divulgación con colectivos interesados no anteproxecto de lei,  e celebración dun simposio de expertos e expertas no Litoral. O proxecto ten unha duración de 4 meses e conta cun orzamento de 18.000 euros.