Actualidade

Estudantes e profesorado das universidades da Coruña e Brasilia participaron nunha ruta turístico-urbanística guiada por Carballo

10/02/2023

No día de onte a coordinadora do Grupo de Estudos Territoriais da UDC, María Andrade xunto con Maite Parga e Xaime Díaz guiaron pola localidade de Carballo(A Coruña) unha visita turístico-urbanística que se enmarcaba dentro das actividades do ciclo de percorridos pola provincia pertencentes ao I Seminario Galaico-Brasileiro “Pontes que unen patrimonios”, encontro entre o Centro de Ensino Unificado de Brasília (CEUB) e a UDC, que se celebrou durante esta semana na Facultade de Socioloxía e na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña. No roteiro por Carballo participaron unha vintena de participantes, á que tamén asistiron o profesor da Facultade de Socioloxía da UDC, Manuel Docampo; o director da ETSAC da UDC, Plácido Lizancos; ou a coordinadora de paisaxe, Cristina García. Na programación de hoxe está programada unha conferencia impartida por Plácido Lizancos sobre "A Escola de Arquitectura de Galiza. Unha escola para construir un país".  Enlace á noticia.